A alcaldesa, Inés Rey, recolleu o lote na Subdelegación do Goberno da Coruña nun acto onde a subdelegada, Pilar López-Rioboo, puxo en valor o traballo realizado polos concellos na protección das persoas máis desfavorecidas
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu onte de man da subdelegada do goberno da Coruña, un lote de 62.500 novas máscaras que lles serán entregadas a centros escolares e a colectivos vulnerables, dentro da nova campaña de repartimento de material acordada polo Goberno de España coa Federación Española de Municipios e Provincias.
A alcaldesa sinalou que, nesta ocasión, priorizarase a repartición entre o persoal dos centros educativos e dos colectivos vulnerables, de acordo coas necesidades e criterios que estableza o concello.
Pola súa banda, a subdelegada agradeceulles e puxo destacou o gran traballo que desenvolveron os concellos e os colectivos sociais para defender e protexer as persoas máis desfavorecidas durante a crise derivada da Covid-19.