A mala previsión meteorolóxica para mañá, luns 21, festivo local, fixo que dende o Concello da Pobra do
Caramiñal tomasen a decisión de trasladar o espectáculo infantil Circanelo ao Elma.
A dita actividade terá lugar a partir das 18.30 horas e adscríbese ao programa Cultura no Camiño da Xunta.
Ao igual que o resto da programación do Nazareno 2020, desenvolverase seguindo un protocolo de seguridade e as medidas implantadas por mor da COVID-19.