Friday 22 de November de 2024

O Concello de Cariño contrata o servizo delegado de protección de datos por 14.876 euros


No prezo do contrato considéranse incluídos os tributos, taxas e canons de calquera índole que sexan de aplicación.
O Concello de Cariño contratou o servizo delegado de protección de datos por 14.876 euros. No prezo do contrato considéranse os tributos, taxas e canons de calquera índole que sexan de aplicación.
A regulación en materia europea 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes, así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e a garantía dos dereitos dixitais (LOPD), establecen a obrigatoriedade para a Administración de dispoñer dun Delegado de Protección de Datos ( DPD).
O Concello de Cariño dispón tan só de dúas persoas que poderían cumprir os requisitos legalmente establecidos para prestar este servizo, que son as titulares de Secretaría e Intervención, funcionarias con habilitación de carácter nacional. Estas funcionarias, ademais de ter funcións reservadas por Lei e a carga de traballo de cada un dos departamentos, xa que a secretaria xa asume a figura de responsable
de protección de datos, polo que os medios propios non poden proporcionar a dedicación necesaria de forma que se garanta o servizo co debido grao de excelencia que require este Concello.
É por iso que, e tras os informes emitidos polos técnicos municipais, ‘decidimos impulsar a contratación do servizo delegado. É algo co que temos que cumprir, a Lei de Protección de Datos, e ademais habemos de facelo ben’, analiza o
alcalde, José Miguel Alonso Pumar.