A segunda sesión do ciclo Venres de Monólogo terá lugar mañá co espectáculo Como dicía o outro de Cándido Pazó. A sesión terá lugar no Local Xente Nova de Tabeaio ás 21 h.
Pazó é un dos máis prestixiosos narradores orais de Galicia, que confecciona os seus monólogos con historias que recolle por todo o noso territorio. O de mañá é un monólogo cómico “a base de historias que parecen contos, contos que parecen de verdade, verdades que parecen mentira e mentiras que non o parecen”.
Aínda existe a posibilidade de reservar convites chamando ao 981 672 580.
A última sesión dos Venres de Monólogo será a semana que ven con Stephy Llaryora con Eu quero ser galega.