Friday 22 de November de 2024

Cariño organiza unha sesión informativa con motivo do Día Mundial do Alzheimer


Será o 21 de setembro no Local Social da Casa do Concello, a partir das 18:00 horas.
O Concello de Cariño organizará o próximo 21 de setembro unha sesión informativa con motivo do Día Mundial do Alzheimer. Celebrarase no Local Social da Casa do Concello a partir das 18:00 horas.
Que sucede no Alzheimer?, como se detecta? Ou que precaucións podo tomar? son algunhas das cuestións que se tratarán na sesión, para a que se pode reservar praza no teléfono 981 42 00 59 -preguntando por Silvia Varela- ou ben no correo educacionfamiliar@concellodecarino.gal .
O aforo será limitado, sendo obrigatorio o uso de máscara e sempre seguindo as recomendacións sanitarias pertinentes. O Concello poñerá ao dispor dos asistentes xel hidroalcohólico para a correcta higienización de mans á entrada e á saída da sesión.