Monday 25 de November de 2024

´Camariñas, vila mariñeira`, as visitas guiadas que oferta o Concello de Camariñas


Serán de balde e levaranse a cabo o venres 25 de setembro ás 17:00 horas, o sábado 26 e o domingo 27 do mesmo mes ás 12:00 e 17:00 horas, dúas quendas para cada xornada.

O Concello de Camariñas ofrecerá durante a última fin de semana do mes de setembro unha serie de visitas guiadas gratuítas baixo o nome de “Camariñas, vila mariñeira”. Os días e horas nos que se levarán a cabo serán o venres 25 de setembro ás 17:00 horas, e o sábado 26 e domingo 27 do mesmo mes ás 12:00 e 17:00 horas, xa que haberá dúas quendas horarias.
Malia que a reserva de prazas para os percorridos é de balde, os interesados deberán ter en conta que o número máximo de persoas por grupo será de 10 e que as inscricións faranse no PIT do paseo marítimo, no teléfono 981 737 204 ou no correo turismo@camariñas.net . Os menores que desexen asistir ao evento deberán ir acompañados por un adulto.
As actividades terán como público obxectivo tanto visitantes que queiran dar un paseo para coñecer a cultura e historia da vila como a veciñanza que estea interesada en aprender novas cousas sobre Camariñas. Ademais, para estes últimos tamén pode ser unha grande oportunidade na que compartir
con todos os asistentes as súas experiencias e coñecementos sobre a seu lugar de residencia.
Todas as visitas contarán cun protocolo COVID adaptado á situación actual, seno obrigatorio o uso de máscara sanitaria.