O Concello de Touro recibe mañá mércores, día 16 de setembro de 2020, o espectáculo Estrafalaria de Xarope Tulú. Será nas pistas da Praza do Luar, en Fonte Díaz, a partir das 17.00 horas. Estrafalaria, que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato, está dirixido a familias e público infantil de máis de tres anos. As personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia da Covid-19. O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto. Prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.
Articulos relacionados
A Xunta de Goberno acorda solicitar a cesión dun inmoble no Ensanche á Seguridade Social para a posta en marcha dun centro polivalente para as persoas maiores
abril 20, 2023 Comments are off 0 visitas
O pasado luns a Xunta de Goberno local deu luz verde á solicitude por parte ...
O Concello entrega 45.000 máscaras para a comunidade educativa nos centros públicos do municipio
septiembre 29, 2021 Comments are off 0 visitas
• Optouse polo formato de máscaras cirúrxicas IIR, que protexen ao exhalar e tamén de ...
Luz verde da Xunta de Goberno á nova Ordenanza de Terrazas
febrero 4, 2026 Comments are off 0 visitas
O Goberno de Inés Rey redefine o marco regulador en exteriores para locais de hostalería ...
