Friday 22 de November de 2024

A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará a partir da noite de hoxe a todo o litoral galego


A Xunta recorda a necesidade de estremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará a todo o litoral da comunidade galega a partir desta noite.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase a partir das 21.00 horas de hoxe no noroeste e oeste da provincia da Coruña, mar combinada do noroeste de 5 a 6 metros, con posibilidade de superar os 6 metros na tarde de mañá. A partires das 3,00 horas de mañá no suroeste da Coruña, Lugo e Pontevedra esperase mar combinada do noroeste de 5 a 6 metros

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.