A Mostra de Teatro de Ribeira está a causar un ano máis un gran interese por parte da cidadanía ata o punto de que na primeira xornada de expedición de bonos foron vendidas un total de 129 unidades nas catro horas de apertura da Oficina de Atención Cidadá do Concello.
Isto implica que, tras a correspondente redución de aforo pola normativa covid, tan só sexan 71 as butacas dispoñible, o que fai presumir que se esgotará a totalidade de bonos moito antes da data límite para poder adquirilos, establecida no 9 de outubro.
Cómpre lembrar que a compra de bonos ten lugar mediante tarxeta bancaria na citada Oficina de Atención Cidadá, en horario de 9.30 a 13.30 horas. O seu importe é de 25 euros e dá dereito a asistir a un total de dez representacións, todas elas ás 21.30 horas no Auditorio:
“RELATOS NEGROS”
Manuel Manquiña 9 de outubro
“POR VÍA ORAL”
Dinamo Producións 16 de outubro
“SÓS”
Malasombra 23 de outubro
“A PRIMEIRA VEZ”
Talía Teatro 30 de outubro
“O MOZO DA ÚLTIMA FILA”
Redrum Producións 6 de novembro
“OS NENOS DA VARÍOLA”
Pérez & Fernández 13 de novembro
“CONCERTO CON-FUSIÓN”
Píscore 20 de novembro
“SEREAS, DRAGÓNS E PISTAS DE BAILE”
Avelino González 27 de novembro
“O MEL NON CADUCA”
Ibuprofeno Teatro 4 de decembro
“O REI TELESFORO BUSCA NOIVA (E QUERE NOIVO)”
Grupo Municipal de Teatro de Ribeira SÁBADO: 12 de decembro