Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame organiza o obradoiro “Xogando coa música”, con Esperanza Mara e dirixido a crianzas a partir dos 3 anos


Inscricións na Casa da Cultura (981 82 57 80) antes do venres

O Concello de Lousame organiza o obradoiro “Xogando coa música”, dirixido a nenos e nenas do municipio maiores de 3 anos e que terá lugar este venres 18 de setembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura. A participación é de balde, se ben é preciso anotarse previamente na propia Casa da Cultura ou chamando ao 981 825 780.
“Xogando coa música” é un obradoiro de actividades de dinamización con música, teatro e danza dirixido por Esperanza Mara. Durante uns 45 minutos, a soprano e violonchelista noiesa compartirá coa rapazada de Lousame os sons do noso día a día, ao tempo que lles descubrirá as distintas familias de instrumentos musicais. É por elo que está recomendado especialmente para nenos e nenas entre os 3 e os 6 anos de idade, canda as súas familias.
Este é o segundo obradoiro que ofrece Esperanza Mara en Lousame, despois do éxito acadado o ano pasado con “Expresarte: música + diversión”, organizado pola Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), en colaboración con EmanArte e o Concello de Lousame.