Ambas infraestruturas carecían de illamento e impermeabilización, polo que se producían filtracións de auga, o que derivaba en humidades nos espazos interiores.
O Concello de Malpica concluíu os traballos de renovación das cubertas e da terraza do Centro Cívico. Ambas infraestruturas carecían de illamento e impermeabilización, polo que se producían filtracións de auga, o que derivaba en humidades nos espazos interiores. O total do orzamento da licitación supón 33.936,58 euros.
Por isto, desde a administración local impulsouse o proxecto da súa reparación, que consistiu na execución de cubertas sobre as xa existentes, incrementando a cota do chan nuns 20 centímetros. Desta maneira, as terrazas actuais pasan a non ser transitables. Tamén se retiraron as barandas e a estruturas que soporta, así como tamén se desmontou o vallamento modular de metal anexo ao CEIP Milladoiro, a cal tamén se pintará para de cara ao final da obra.
O alcalde, Walter Pardo, sinala da ‘mellora susbstancial que supoñen estes traballos á hora de dotar este espazo da calidade axeitada. Un dos lugares que máis demanda ten Malpica, a nivel educativo, cultural, e tamén de xuntanzas, non podía presentar as deficiencias que alí se daban’, sinala o rexedor.