Logo de que durante os meses de novembro e decembro, un grupo de persoas inmigrantes participara nunha interesante actividade de formación promovida polos Servizos Sociais e denominada “Obradoiro de Acreditación do esforzo de integración para persoas inmigrantes”, Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira acaba de poñer en marcha unha nova iniciativa que vén a completar esta liña de actuación a través dun “Curso de iniciación á lingua galega para persoas de fóra de Galicia”.
Esta última acción deu comezo onte pola tarde no Centro Cultural Lustres Rivas e desenvolverase ata o 30 de xaneiro, e horario de 17 a 21 horas, de luns a venres, na devandita dependencia municipal.
Están a doce persoas, pertencentes a países como Marrocos, Chile, Mauritania, Senegal ou Perú.
Con esta proposta séguese o “Plan xeral de normalización da lingua galega”, aprobado o 22 de setembro de 2004 por unanimidade no Parlamento de Galicia, recolle medidas e obxectivos concretos para facilitar a incorporación na nosa cultura e na lingua galega ás persoas procedentes doutros territorios, de dentro e fóra de España.
Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira, cuxa responsable é Alicia Padín, mantense esta oferta formativa e de dinamización lingüística co apoio do Departamento de Servizos Sociais.