Friday 22 de November de 2024

Mellora de camiños de titularidade municipal


Comezan as obras de asfaltado de pistas e camiños no medio rural cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Segundo os criterios definidos no Plan Marco para o reparto dos fondos ao concello da Pobra do Caramiñal correspondeulle unha cantidade de 66.618,00 € de subvención e para elo elaborouse o proxecto “MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL” que contou cun orzamento de 80.607,78 € que é a suma da cantidade subvencionada máis o 21% do IVE.
Con este proxecto vanse levar a cabo diferentes actuacións polas parroquias do noso concello quese dividen en 3 tipos segundo as obras que se van levar a cabo e que contemplan as seguintes:
Tipo 1.-:Coviña-Banda O Río, Camiño do Castro, Inmediacións do “camiño da Recosta”, Camiño Río Triñáns-Portocarro, Camiño San Lázaro-Portocarro, Coviña-Mirandela (acceso vivendas).
• Apertura de cunetas en todo tipo de terreo con aporte de terra se fora necesario, perfilado de taludes por ámbolas dúas marxes e retirada de sobrantes a vertedoiro.
• Execución de varrido, acondicionamento da explanación, nivelación e rasanteo para recibir o afirmado.
• Acondicionamento e recheo consistente en estendido de 15 cm de zahorra.
• Firme con grava para posterior capa de rego asfáltico.
• Triplo rego asfáltico con limpeza previa de vía mediante varredora e auga, e posterior pavimentación con rego de imprimación, rego de curado e posterior retirada de gravilla solta.
Tipo 2.-: Camiño de Paio.
• Apertura de cunetas en todo tipo de terreo con aporte de terra se fora necesario, perfilado de taludes por ámbolas dúas marxes e retirada de sobrantes a vertedoiro.
• Execución de varrido, acondicionamento da explanación, nivelación e rasanteo para recibir o afirmado.
• Triplo rego asfáltico con limpeza previa de vía mediante varredora e auga, e posterior pavimentación con rego de imprimación, rego de curado e posterior retirada de gravilla solta.
• Outra zona con pavimento aglomerado asfáltico en quente de 6 cm incluso regos de imprimación e adherencia.
• Canalización de pluviais en tubaria de PVC de parede corrugada dobre de 200 mm de diámetro con instalación en zanxa.
Tipo 3.-: Camiño en Alto de Pumadiño.
• Apertura de cunetas en todo tipo de terreo con aporte de terra se fora necesario, perfilado de taludes por ámbolas dúas marxes e retirada de sobrantes a vertedoiro.
• Execución de varrido, acondicionamento da explanación, nivelación e rasanteo para recibir o afirmado.
• Acondicionamento e recheo consistente en estendido de 15 cm de zahorra.
O prazo estimado de execución destas obras é de tres meses e estas darán comezo o máis axiña posible.
Desde o concello seguimos a traballar para que os nosos veciños conten cos mellores servizos e infraestruturas.