Dedicarase, para isto, unha partida de 49.504,13 euros.
O Concello de Cariño comezará de maneira inminente os traballos de renovación do carril bici. Para iso, dedicarase unha partida de 49.504, 13 euros. Intervirase na totalidade do trazado, que conta con máis dun quilómetro de longo e discorre entre a Biblioteca Municipal e a Casa do concello.
Os traballos consistirán na substitución da capa de rodadura para conseguir a uniformidade en todo o carril bici, así como a reparación das placas de formigón que presentan fendas, e que por conseguinte supón un risco para os usuarios e usuarias do mesmo.
Contémplase, á súa vez, executar as reparacións na zona contigua e inmediatamente anterior á zona peonil. O alcalde, José Miguel Alonso, considera os traballos ‘moi necesarios debido ao desgaste que presentaba este carril bici, empregado a diario por moitas e moitos veciños’, sinalou. Ademais, ‘con esta intervención temos intención de promover un tipo de transporte sostible, así como a práctica deportiva, nunha contorna idílico como o é o noso paseo marítimo’, declarou o rexedor.