O avogado galego doou en 2009 este monumento, no que agora se acometerán obras para recuperar o seu estado inicial
O Concello de Boqueixón agradece a contribución de Roberto Rivas Martínez, descendente de José María de Rivas y Taboada, xuíz corrixidor que coordinou as tropas de labregos dirixidos pola Xunta de Trasdeza que en 1809 venceron ao exército de Napoléon na batalla de Ponte Ledesma.
Roberto Rivas Martínez xa doou en 2009 o monolito de pedra coa inscrición “En lembranza dos patriotas que venceron ás tropas de Napoleón en 1809, na batalla de Ponte Ledesma, dirixidos pola Xunta de Trasdeza”. O monumento está ubicado próximo á ponte de Ledesma na parroquia de Gres, Concello de Vila de Cruces. A obra, cuxo custo asumiu Rivas Martínez, inclúe o repintado da inscrición e unha limpeza.
O alcalde de Boqueixón destacou “a importante aportación deste cidadán, grazas ao que podemos seguir recoñecendo e divulgando a historia da batalla acontecida en Ledesma e Gres no século XIX”.