Friday 22 de November de 2024

A Mancomunidade de Ordes solicitará financiamento para darlle continuidade ao seu departamento de emprego


No primeiro pleno do ano tamén se acordou solicitar axudas para a mellora das súas instalacións e equipos informáticos
19 xaneiro 2015. Esta mañá celebrouse o primeiro pleno do ano da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Nel os representantes dos sete concellos que conforman o ente supramunicipal acordaron solicitar da Xunta a subvención destinada á contratación dun técnico para actividades de información, orientación e prospección de emprego. En total a cuantía ascende a 20.000 euros.
Non foi a única petición acordada xa que tamén está previsto optar a unha subvención de 40.000 euros para a mellora de infraestruturas, instalacións e equipamentos informáticos.