Friday 22 de November de 2024

Camariñas reparte recipientes de xel hidroalcólico con motivo do comezo do curso escolar


Desde o Concello impúlsase esta medida para garantir así a seguridade dos máis pequenos e pequenas co inicio dun novo ano académico

O Concello de Camariñas comezou co reparto de recipientes de xel hidroalcólico para toda a educación obligatoria, ata 4º da ESO, con motivo do comezo do curso escolar. Desde a administración local, impúlsase esta medida para garantir así a seguridade dos máis pequenos e pequenas co inicio dun novo ano académico. Estes botes pódense rechear, para garantir así a súa utilización durante todo o curso.
Sinálase, á súa vez, que se reforzará o dispositivo de limpeza nos centros e se instalarán mamparas nos espazos onde non se poidan, loxísticamente, cumplir as medidas sanitarias.
Desde o Concello animan aos escolares no comezo deste novo curso ‘tan particular pero que se vai desenvolver de xeito seguro e con toda a normalidade posible, sempre e cando o contexto o permita’, sinalan desde a administración camariñana.
‘Desde o Concello tede por seguro que intensificaremos as medidas para que os protocolos se cumplan á perfección. Vai ser a nosa prioridade garantir a seguridade das máis pequenas e pequenos’, afirman.