Friday 22 de November de 2024

O Concello reforzará a seguridade na vía entre O Penedo e Lavadeira con novas cunetas e bandas rugosas no firme


O executivo está a actuar tamén na estrada que conecta Sergude e Cañás e proxecta intervencións na ponte sobre o río Brexa.

O Concello de Carral segue traballando para reforzar a seguridade viaria en todo o termo municipal. Tras finiquitar varias intervencións en estradas das parroquias de Paleo, Quembre, Cañás e Barcia, o executivo está a executar xa unha nova actuación: o proxecto de mellora da seguridade na vía que une O Penedo e Lavandeira. As obras inclúen a mellora do firme, a construción de cunetas de seguridade, a instalación de bandas rugosas e o pintado da sinalización.
Este non é o único proxecto que o Concello ten en marcha. Así, o executivo está a actuar tamén na estrada que conecta Sergude e Cañás, onde se proxectará a construción de novas cunetas. A maiores, intervirase na ponte sobre o río Brexa (Sergude).
Novas cunetas en 4 parroquias
O Concello de Carral e a Deputación da Coruña concluíron, no mes de agosto, intervencións en varios puntos do termo municipal que implicaron a creación de cunetas en catro parroquias. En concreto, este plan, financiado con fondos municipais e provinciais, supuxo a ampliación do ancho de vía
en estradas das parroquias de Paleo, Quembre, Barcia e Cañás.
Tal e como explican desde o goberno local, “ou obxectivo é seguir traballando para mellorar a rede de estradas e camiños non termo municipal, garantindo unha maior seguridade para vos vehículos
e tamén para vos veciños e veciñas que transitan por estas vías”. As actuacións xa rematadas supuxeron a creación de cunetas de seguridade nalgunhas das estradas destas parroquias. Estas intervencións serviron para ampliar o ancho da calzada, favorecendo a circulación dos coches e tamén a dos viandantes.
Estas obras realizáronse na DP-2104 –en San Pedro de Quembre e no lugar de Pousada en Barcia-; na DP-2105 á altura de Cabrois ( Paleo) e, por último, no lugar de Soavila (parroquia de Santa Baía de Cañás).