Friday 22 de November de 2024

A música e os contacontos sucederanse esta fin de semana en Santa Uxía de Ribeira


Unha decena de eventos sucederanse esta fin de semana en Santa Uxia coincidindo coa datas nas que —de non ser polo covid-19— a cidade estaría festexando a súa patroa.
Así, as actividades darán comezo o venres 11 de setembro ás 19 horas coa actuación de Fran Rei na praza da Porta do Sol co seu novo espectáculo “Superheroe”, dirixido a público infantil e familiar. Ás 21 horas terá lugar un novo concerto da programación das Rúas Musicais: nesta ocasión será a banda local Espazo en branco a que toque na praza de Vigo.
Tamén ás 21 horas haberá unha ruada de musica tradicional protagonizada polo Grupo Tahume, con saída do parque García Bayón e desfile polas rúas e prazas da urbe ata rematar na Sala Museo Municipal ás 22.15: hora na que dende o balcón deste edificio actuará a coñecida gaiteira Susana Seivane.
Misa ao aire libre
Polo que respecto ao sábado 12 de setembro, Día de Santa Uxía, a partir das 11 horas terá lugar unha ruada de música tradicional a cargo da banda de gaitas Os Castros de Ames, con saída do parque García Bayón, rúa de Galicia, Malecón, Rosalía de Castro e rúa Santa Uxía para rematar en Porta do Sol. Ás 12 mediodía, oficiarase unha misa solemne na honra da patroa no adro da igrexa e a praza da Porta do Son que estará cantada polo Coro Parroquial.
Ás 13 horas haberá na praza de Compostela un novo concerto das Rúas Musicais que correrá a cargo de Blow. Ás 19 horas, a Porta do Sol dará cabida á unha actuación infantil e familiar cos “Contos de Pablísimo”. E xa para rematar a xornada, ás 21.30 horas na Porta do Sol actuará grupo Gallaecia Small Band con Paty Lesta.
O domingo 13 de setembro desenvolverase ás 13 horas un concerto de Thais Suki na rúa Santa Uxía  para pechar as Rúas Musicais.

Todos os eventos son gratuítos e cumpren os protocolos covid.