A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, deu conta da ampliación das operacions realizadas para incrementar o crédito da convocatoria de “Axudas para a mellora e innovación do comercio local”, do programa ” Coidar para mellorar. Anualidade 2020″.
Na liña A, “Investimentos para a adecuación dos locais” o incremento é de 39.340 euros, quedando a dotación definitiva en 154.340 euros. Na liña B, “Gastos de comunicación realizada en lingua galega” aumenta en 8.040 euros, que se sumarían aos 15.000 orzamentados, quedando a dotación definitiva en 23.040 euros. E na liña C, de ” Axudas para gastos na adecuación dos negocios e en servizos profesionais relacionados con innovación ou coa recuperación económica necesaria por mor da COVID-19″, súmanse 22.620 euros á dotación inicial, quedando en 102.620 euros. O obxectivo deste incremento é poder dar resposta a todas as solicitudes presentadas.
O goberno municipal tamén aprobou os prezos públicos das actividades da rede de centros socioculturais para a tempada 2020/2021, que non sufren variacións respecto á tempada anterior. Estas tarifas están condicionadas por factores relacionados coa idade das persoas usuarias, a duración da actividade e o lugar onde se imparten. Serían:
Adultos/mocidade, por trimestre:
o 45 m.: 25 euros.
o 1 hora: 30 euro
o 1,5 horas: 40 euros
o 2 horas: 55 euros
Nenos/senior, por trimestre:
o 45 m.: 10 euros
o 1 hora: 12 euros
o 2 horas: 45 euros.
Adultos/mocidade, nenos/senior por trimestre: tendo en conta a maior dispersión territorial.
o 45 m.: 10 euros
o 1 hora: 12 euros
Tamén se aprobou o texto dos convenios e a concesión de distintas axudas a entidades culturais. O Ateneo de Santiago e a Asociación Cidade Vella percibirán 20.000 euros cada unha; e a Asociación Cultural O Galo, 5.000 euros, para a realización de distintas actividades de interese.
Ademais, na Xunta de Goberno tamén se luz verde, entre outros asuntos, á concesión de dúas licenzas. Unha, de obras para a reforma parcial para o cumprimento da normativa de protección contra incendios do DBSI nun inmoble da rúa Santiago del Estero; e a outra, de nova contrución dunha nave avícola en Vilariño de Busto; aprobáronse recoñecementos extraxudiciais de crédito por importe de 2.037,6 euros e deuse conta do fallo do Xurado do Premio Internacional “Compostela” para álbums ilustrados, que nesta décimo terceira edición recaeu no traballo do italiano Pietro Gottusso, presentado baixo o lema “Desde 1880”.