Friday 22 de November de 2024

A Xunta realiza un novo envío de 13.000 unidades de material de protección a residencias, entidades sociais, escolas intantís e centros sociocomunitarios da comarca do Barbanza


Hai uns días enviouse unha nova partida de 7.200 máscaras e 5.800 luvas

A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á covid-19 con destino ás residencias e entidades sociais e incluíuse tamén ás escolas infantís e aos centros sociocomunitarios da área do Barbanza. Nesta comarca a partida entregada foi de 7.200 máscaras e 5.800 luvas.

Entre o material enviado esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado 23 envíos de material aos centros sociais da comarca e ás escolas infantís que iniciaron o curso, con material de protección. Concretamente, no que levamos de crise o Goberno autonómico enviou 72.880 luvas e 58.250 máscaras, entre outros materiais, á área do Barbanza.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.