A alcaldesa anunciou en rolda de prensa a incorporación da edila do Grupo non adscrita Mónica Martínez ao Executivo local e uns cambios entre os que asume persoalmente desde Alcaldía a xestión de Cultura, “que foi mol golpeada pola Covid-19 e precisa un apoio transversal, de cidade”
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou en rolda de prensa, acompañada de todas e todos os concelleiros do Executivo local, varios cambios no organigrama do goberno municipal, derivados da necesidad de sumar forzas para seguir respondendo ás necesidades derivadas da crise creada pola Covid-19. Entre elas, está a incorporación ao Goberno local de Mónica Martínez, “concelleira non adscrita desde hai varios meses e que demostrou desde o inicio deste mandato o seu compromiso pola cidade, a súa enorme capacidade de diálogo e a súa vontade de aportar e sumar en cada proxecto que entende beneficioso para as coruñesas e coruñeses”. Inés Rey referiuse á nova edila de goberno como una persoa que “suma, aporta, dialoga e cre neste proxecto” e asegurou que “supón unha honra para min como alcaldesa que outra muller coruñesa se sume ao noso proxecto plural mais cunhas prioridades cidadás moi definidas”. “Trátase de seguir incidindo na procura de acordos amplos, de sumar á maior parte das sensibilidades, sempre en busca do progreso da Coruña”, engadiu Rey.
A incorporación de Mónica Martínez ao Executivo local e a pandemia “pedía unha reestruturación do equipo de goberno”, dado que o organigrama de calquera goberno, dixo a alcaldesa, “non é unha fotografía fixa, as circunstancias cambian e por iso debemos reaxustar o plantexamento inicial xa que os retos que están encima da mesa son outros respecto aos de hai un ano”. Rey explicou que “todas e todos puxemos da nosa parte para chegarmos a un consenso polo ben común da nosa cidadanía e polas súas necesidades máis urxentes”. Deste xeito, Martínez asumirá a Concellería de Deportes en exclusiva, “un eixo estratéxico das políticas municipais e que foi exitosamente levada ata o día de hoxe por Juan Ignacio Borrego”, sinalou Rey.
Pola súa banda, Juan Ignacio Borrego reforza o seu papel da tenencia de alcaldía cunha materia chave como Seguridade Cidadá que “é e será un pilar importantísimo nesta nova etapa que nos toca vivir e que contará con Borrego á fronte dela, así como tamén será a cabeza visible das relacións institucionais deste concello e doutra materia especialmente relevante como é o Turismo”, explicou a rexedora, que lembra que nunha primeira etapa ese ámbito xa tomaron as primeiras e máis urxentes decisións, como o coidado da saúde pública antes da Covid, coas restriccións ao botellón ou a dupla fila como principais exemplos, e que agora seguirá co magnífico traballo xa desenvolvido polos traballadores municipais nos difíciles momentos do confinamento”.
Pola súa parte, Diana Cabanas reforzará a comunicación directa nos mercados, coas e cos comerciantes e coas e cos hostaleiros, “outro dos sectores máis danados desta crise sanitaria”. Necesitan estar por diante na escala de prioridades actual, e con eles, as e os veciños, así que unimos barrios a esta área para englobarmos se cabe este labor de rúa e de diálogo que consideramos fundamental”.
Jesús Celemín centrarase nos temas educativos “que este ano, e dada a situación actual, requiren un sobreesforzo que xa se fixo durante os últimos meses”. “A súa traxectoria anterior nas aulas e o seu coñecemento do sistema desde dentro e sobre todo a boa xestión que ten levado a cabo no eido educativo fai que se reforce ese traballo para dar resposta ás necesidades educativas, aos novos retos, e tamén á xestión das escolas infantís municipais que pasaron a depender hai uns meses da Concellería de Educación”, asegurou a rexedora sobre Celemín, que continuará xestionando a competencia de Memoria Histórica.
Inés Rey pasará a coordinar directamente Cultura, “unha área fundamental na cidade da Coruña, que non se debe deter, un sector que ten que seguir traballando e nós porémolo en valor cunha mostra clara e sen matices de apoio ao sector cultural porque os artistas e os creadores son unha das nosas prioridades”. Así, desde Alcaldía tamén se xestionará a área das Festas e o IMCE, poñendo así ao máximo nivel as cuestións relacionadas coa Cultura local, tanto a nivel de creadores como de usuarios e usuarias.
A alcaldesa afirmou que o Executivo local ten “uns principios inamovibles e iso é a principal fortaleza deste goberno que me acompaña, que non deixaremos de loitar e defender a nosa cidade. Por encima de calquera interese estará sempre A Coruña e as súas necesidades” e asegurou que “se algo demostramos durante este ano é que estamos á altura das circunstancias para loitar contra unha pandemia destas dimensións e que sabemos sobrepoñernos a escenarios como os que se deron e que ninguén foi capaz de imaxinar”. Rey explicou que a prioridade do goberno é “desde hai 14 meses a de volver a poñer esta cidade no posto que se merece, potenciar a economía local, a mobilidade, o benestar social, a sustentabilidade e recuperar o tempo perdido” e os, desde hoxe, 10 ediles/as que a acompañan teñen “claras estes valores, que ademais son distintivos do mandato e que xa son visibles en cuestións como as políticas redistribuitivas, agora especialmente a prol dos sectores máis golpeados pola crise -como o demostra o gran investimento do Presco, único en toda España- así como a defensa dunha cidade máis humana, co regreso das obras pensadas para a cidadanía e as peonalizacións, e tamén con políticas activas de limpeza, de protección social ou de desenvolvemento, que agora vivirán un novo pulo á vez que seguimos afondando na política amable, de suma, de acordos polo ben da Coruña, a nosa única prioridade”.