Friday 22 de November de 2024

O Concello de Muxía organizará a vindeira semana o Campamento Pekebarca para a rapazada do municipio


Celebrarase durante os días 7, 8 e 9 de setembro e o prazo de inscrición remata o vindeiro día 4.

O Concello de Muxía organizará a vindeira semana o Campamento Pekebarca para a rapazada do municipio. Celebrarase durante os días 7, 8 e 9 e o prazo de inscrición remata o vindeiro día 4 deste mes, e poderase formalizar no teléfono 981 742 001. Esta actividade enmárcase dentro do programa ‘Setembro infantil’.
As actividades están previstas para a rapazada de 5 anos en diante. Debido á situación socio sanitaria, desde o goberno local decidiuse impulsar esta serie de actividades para ‘dar unha alternativa de ocio á rapazada, que sempre protagonizaba as actividades nunha semana moi especial para Muxía pero que, como sabedes, non se pode dar tras a suspensión das festividades’, anunciaban desde o Concello.