Saturday 16 de November de 2024

O Concello impulsa o programa online “Tendas a Exame”, dirixido ao comercio local da cidade


Ante a imposibilidade de ter público, a formación compartirá o seu directo a través das súas canles de comunicación oficiais co fin de que a veciñanza siga desfrutando das agrupacións musicais da cidade

O Concello da Coruña, a través do Departamento de Promoción Económica e Comercio, impulsa o programa gratuíto e en liña “Tendas a Exame”, en apoio ao comercio local e co obxectivo de lles
proporcionar coñecementos sobre ferramentas dixitais para mellorar a visibilidade dos seus negocios.
A iniciativa enmárcase dentro da estratexia municipal para impulsar e dinamizar o comercio de proximidade, que anterioremente xa realizou seis programas por diferentes barrios da cidade dirixidos a mellorar os negocios en distintos ámbitos a través dun servizo de consultoría.

Nesta ocasión o programa “Tendas a Exame” dá un salto ao ámbito dixital, tanto nos seus contidos como no sistema de consultoría, para facilitar que as persoas propietarias dos comercios coñezan ferramentas dixitais que poidan implementar nos seus negocios de forma sinxela, co obxectivo de chegar a máis clientela e mellorar a súa visibilidade na rede. Este cambio permitirá que poida participar calquera comercio de proximidade da cidade que teña establecemento aberto ao público, independentemente da zona na que se atope.

Nunha primeira fase do programa realizarase unha análise e diagnóstico dos comercios no ámbito dixital, para lles propoñer seguidamente estratexias e accións adecuadas que melloren a súa visibilidade en liña. Levarán a cabo consultorías personalizadas de marketing en liña, comercio electrónico, posicionamento SEO, email marketing e “social selling” entre outras temáticas, sempre buscando aquelas que mellor encaixen cos diferentes negocios participantes.
Os establecementos interesados poderán inscribirse no programa ata o próximo 15 de setembro. E entre eles seleccionarase os 45 comercios que participarán.