Friday 22 de November de 2024

O Fórum Metropolitano achegarán desde este sábado a maxia ao público familiar


O ciclo Forumáxico regresa cunha nova entrega que estreará ás 19.00 horas o mago Xacobe co espectáculo “Atrapado x la magia”

Durante o mes de setembro terá lugar no Fórum Metropolitano “Forumáxico” con catro espectáculos de maxia dirixidos a público familiar, nos que nenas/os e non tanto poderán gozar de comedia, drama e teatro, pero sempre coa maxia como protagonista. Trátase dunha proposta que combina distintos tipos de maxia dando como resultado espectáculos ideais para todos os públicos. Serán propostas para ollar e degustar, en que as persoas espectadoras poderán experimentar sensacións fascinantes todos os sábados, ás 19.00 horas.
O ciclo está vinculado á Rede Galega de Teatros e Auditorios, de apoio ás artes escénicas do AGADIC. Con todas as medidas de seguridade e hixiene contra o coronavirus, coa capacidade reducida e co uso obrigatorio de máscaras, o apartado empezará este sábado co Mago Xacobe e o espectáculo “Atrapado x la magia”.
Unha das revelacións da temporada presentará a súa segunda creación que é próxima, participativa e chea de humor para toda a familia. Proba disto é que máis de 10.000 espectadoras/es gozaron xa deste show de mediano formato cun ritmo trepidante, apto para todas as idades e que sorprende con incribles retos de escapismo, detalles da maxia más íntima, aparicións, transformacións e até anécdotas sorprendentes que rodean esta arte milenaria.

O ilusionista coruñés Joshua Kenneth ofrecerá o 12 de setembro “A maxia de Joshua Kenneth”, un show de maxia e humor dirixido ao público familiar, que incluirá aparicións, transformacións e viaxes co único fin de entreter e sorprender as e os espectadores.
Leo Leiño estará o 19 con “A maxia de Mary Poppins”, en que a marabillosa neneira Mary Poppins virá en persoa para que o público se mergulle nun mundo de ilusión, cheo de sorpresas, risas e maxia. Unha experiencia inesquecible tanto para nenos e nenas como para persoas adultas, na que os libros, o conto e a música farán que o espectáculo emocione.
Dani Polo acollerá o 26 “Enmaxiarte”, en que o finalista do programa “Pura Magia” de TVE traerá un show completamente novidoso, con efectos máxicos realmente asombrosos e unha posta en escena de alto nivel. Pensado para que o desfrute toda a familia, a proposta mestura diferentes elementos como a maxia participativa, o humor e ilusións de grande impacto.

ENTRADAS
As entradas custarán 5 euros, coa posibilidade de adquirir un abono familiar (3 entradas para a mesma función) por 12 euros. As localidades para as/os menores de 3 anos redúcense aos dous euros e a venda poderá formalizarse na páxina web www.corunacultura.sacatuentrada.es, no teléfono 662 867 109 (de 9.00 a 00.00 h), e no despacho de billetes da praza de Ourense. No despacho de billetes do Fórum, tamén estarán dispoñibles unha hora antes de cada espectáculo.