Os 24 xogadores integrantes da Selección de Ribeira nas súas categorías alevín e benxamín que ían disputar en Cataluña o torneo internacional Pirineos Cup recibiron esta mañá cadansúas medallas logo de que, a raíz do covid, trocouse esta competición por un campionato virtual a través de Instagram no que os ribeirenses resultaron os gañadores por ser os que máis apoios recibiron entre os 128 equipos participantes.
Nun acto marcado polos protocolos covid, o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Deportes Juana Brión foron as persoas designadas para facer entrega destas enseñas así como duns diplomas conmemorativos a uns xogadores que luciron a equipación que tiñan previsto vestir no torneo. Xunto aos representantes municipais, o adestrador Jorge Davila, quen destacou que para alcanzar a vitoria tiveron que superar a elencos con moitísima máis masa social como o Paris Saint Germain.
Os futbolistas galardoados en categoría benxamín foron: Noel Alján, Gonzalo Besada, Iker Deán, Alejandro Dios, Xabi Dios, Iago Fernández, Marco González, Enrique Gude, Leo Lustres, Valentino
Picane, Manuel Sánchez e Álvaro Vidal. En categoría alevín: Brais Baldomero, Genaro Cadaval, Yago
Domínguez, Martín Fernández, Marco Freire, Daniel Fustes, Raúl Gude, Christian Martínez, Telmo Reino, Anxo Rivas, Xavi Rodríguez e Ibrahim Sobre.