Thursday 21 de November de 2024

Tabalarte e Las Antonias son os grupos que conforman o cartel de Músicas Íntimas 2020


O aforo estará limitado polas esixencias sanitarias, polo que era necesario solicitar convites antes das 12:00 horas de hoxe.

Músicas Íntimas, concertos na Piscina, celebra esta fin de semana a súa quinta edición.
Tabalarte, o sábado ás 22.00 horas, e Las Antonias, o domingo á mesma hora, serán os grupos que participarán neste ciclo de actuacións musicais.
Debido ás esixencias sanitarias, o aforo estará limitado, polo que para asistir era necesario reservar un asento antes das 12.00 horas de hoxe venres.
No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan celebrar os concertos ao aire libre, estes trasladaranse á Casa da Cultura limitando a asistencia aos primeiros 25 convites.
Fake é o título do concerto de Talabarte, unha actuación na que estarán presentes músicas de todo o mundo e que conta coas ilustracións de Pablo Xiráldez "O Pastor" e textos de Carlos
Meixide.
Pola súa banda, Las Antonias farán o espectáculo Boleros e outras delicias, no que destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, escobillas, melódica e un  fagot atopado.