Friday 22 de November de 2024

Medio Rural e Mar destina 200.000 euros en axudas aos consellos reguladores agroalimentarios para programas de calidade


O prazo de solicitudes para esta convocatoria é dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 200.000 euros en axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominación de calidade agroalimentarias e se convocan para 2015.

Esta convocatoria, publicada nos últimos días no Diario Oficial de Galicia, ten por obxecto mellorar e controlar a calidade e a orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade ou acollidos á produción ecolóxica.

As actividades subvencionables serán as actuacións encamiñadas a este fin; así como a realización de estudos, investigacións e desenvolvemento de programas. Por outra banda, tamén serán subvencionables os gastos derivados da adquisición de bens de equipo e materiais, de consultaría externa e os derivados da realización de análises de laboratorio relacionados coa certificación do produto. O prazo de solicitudes para esta convocatoria é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Solicitudes
Os interesados en solicitalas poden consultar os requisitos e a documentación que deben presentar no Diario Oficial de Galicia de hoxe. As solicitudes deberán ser presentadas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG (luns, 12 de xaneiro). Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel.