Friday 22 de November de 2024

O Concello de Carral aumenta a participación cidadá a través da súa app ‘Cuida Carral’


Os veciños e veciñas que a descarguen nos seus dispositivos móbiles poderán estar ao tanto das últimas novas e comunicar incidencias ou achegas.

O Concello de Carral quere que a veciñanza do municipio se involucre no devir deste e por iso creou ‘Cuida Carral’, unha aplicación para dispositivos móbiles que permite ao cidadán estar ao tanto da actualidade municipal e comunicar incidencias ou achegas.
A aplicación, que está dispoñible para descargar en dispositivos Android e IOS, conta cun apartado de incidencias para que os cidadáns comuniquen ao goberno local posibles situacións a mellorar e poder arranxalos así o antes posible. A ferramenta permite engadir a xeolocalización da incidencia, unha fotografía e un pequeno texto describíndoa. Ademais, poderá estar ao tanto da evolución do seu aporte, tendo constancia de que se está tramitando e de cando se resolva.
Por outra banda, o usuario ou usuaria tamén recibirá no seu dispositivo as últimas novas municipais, estando así informando ao instante de todo o que sucede no municipio.
A app pode descargarse tanto na Play Store nos dispositivos Android como na App Store para IOS.