Friday 22 de November de 2024

O habitual San Ramón de Miño converterase este ano en San Ramonciño


Esta romaría, que se celebra anualmente a finais de agosto, foi suspendida con motivo da pandemia provocada pola COVID-19.

Unha das romarías máis coñecidas en Miño é a do San Ramón, que se celebra todos os anos a finais de agosto. Debido á pandemia provocada pola COVID-19, non se poderá levar a cabo tal e como a coñecemos. Aínda así, o Concello de Miño pon en marcha un programa para que pequenos e maiores poidan gozar dun día familiar. Cabe destacar que a administración local, aínda coa cancelación do evento, decidiu efectuar tarefas de limpeza na contorna habitual da celebración e no interior da capela.
Así, este 31 de agosto, a pista deportiva de Rabazal acollerá a actuación do Mago Noel, a partir das 17:30 horas, e do espectáculo de percusión que levará a cabo Odaiko a partir das 19:30 horas, recomendado para todos os públicos. Lémbrase que será obrigatorio o uso de máscara sanitaria.