Desde a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, lembran que é importante que as persoas que precisen atención social a soliciten polas vías oficiais do concello: a través do 010 ou dos equipos de atención social Desde o inicio do estado de alarma, o concello realizou máis de 30.000 atencións sociais
Na actualidade, e por circunstancias derivadas desta segunda onda de contaxios da COVID-19, o Concello da Coruña, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, atende directamente 106 familias que deben permanecer en confinamento domiciliario e que carecen de rede e de recursos. Estas atencións afectan a 280 persoas, entre as que se inclúen menores, que resultan prioritarios/as á hora da atención social.
Desde a concellería lembran que é importante “que as persoas que precisen atención social a soliciten polas vías oficiais do concello”: a través do 010 ou dos equipos de atención social.
A concelleira Yoya Neira asegura que “desde o comezo da crise sanitaria estivemos e estamos respondendo constantemente ás emerxencias sociais cunha atención directa e estreita entre a veciñanza e a Administración local”, xa que “o concello ten a forza suficiente para non deixar a ninguén atrás”, dixo.
Desde o inicio do estado de alarma, o concello realizou máis de 30.000 atencións sociais. Estas solicitudes dos veciños e veciñas da Coruña foron de diferente natureza e por iso se atenderon sempre de forma personalizada e redirixindo a súa xestión cara ao recurso óptimo.
O concello destinou 1.100.000 euros a programas de axuda sociais durante o estado de alarma. O orzamento dedicado a axudas de Emerxencia Social e á Renda Social, despois do modificativo do PRESCO, viuse reforzado en 750.000 euros. Esta partida xa se aumentara nos orzamentos municipais de 2020 respecto aos do ano anterior. Pola súa banda, os convenios con entidades que traballan no campo da exclusión social tamén recibiron un incremento de 550.000 €.
Durante o estado de alarma puxéronse en marcha e reforzáronse outros servizos municipais:
– Servizo de Voluntariado: 1.127 peticións de axuda entre voluntariado e emerxencia social e 530 participantes inscritas/os.
– Liña telefónica Acompáñote: recibíronse 481 chamadas.
– Servizo de Mediación en conflitos derivados da corentena: 103 solicitudes
– Ninguén atrás: 834 peticións recibidas e repartimentos efectuados de 29 colexios a 471 alumnos/as.
– Bolsa Comedor: 656 nenos/as déronse de alta e repartíronse máis de 36.000 menús.
– Talón Restaurante: diariamente dispénsanse menús a 413 usuarios/as dos 718 existentes.
– Servizo de Comida a Domicilio: antes da crise había unhas 467 persoas usuarias, despois da crise 536.
– Teleasistencia: 1.624 persoas teñen activado este servizo. – Servizo de Atención a Domicilio: 911 persoas usuarias en activo.
– Comedores sociais de Monte Alto e Novoboandanza: 250 menús de media ao día.
– Dispositivo de emerxencia para as persoas sen fogar: 120 persoas atendidas
– Equipos de Atención Social: 13.980 atencións entre os 5 equipos. A través do 010 realizáronse 1.054 solicitudes.
– Renda Social Municipal: 193 rendas activas.
– Servizo de Canguraxe a Domicilio: 81 menores atendidas/os de 54 familias.
– Colaboración con entidades sociais da cidade: 15.000 equipos de protección repartidos.
– Aloxamentos de emerxencia: 33 persoas hospedadas en 9 hostais.Dispositivo de emerxencia para as persoas sen fogar: 120 persoas atentidas
– Equipos de Atención Social: 13.980 atencións entre os 5 equipos. A través do 010 realizáronse 1.054 solicitudes.
– Renda Social Municipal: 193 rendas activas.
– Servizo de Canguraxe a Domicilio: 81 menores atendidos de 54 familias.
– Colaboración con entidades sociais da cidade: 15.000 equipos de protección repartidos.
– Aloxamentos de emerxencia: 33 persoas hospedadas en 9 hostais.