Friday 22 de November de 2024

Preto de 60 persoas asistiron á segunda sesión do congreso público A ASTRONOMÍA nas RUTAS XACOBEAS celebrada no Pico Sacro


Preto de 60 persoas acudiron onte ao cumio do Pico Sacro para participar na segunda sesión do congreso público A ASTRONOMÍA nas RUTAS XACOBEAS. Esta iniciativa está promovida polo Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC) co cofinaciamento da Axencia de Turismo de Galicia, Xacobeo 2021 e en colaboración co Concello de Boqueixón.
Logo de dous aprazamentos, as condicións meteorolóxicas deron unha tregua a este programa. Así, o director do observatorio astronómico, José Ángel Docobo, foi o encargado de dirixir unha completa sesión que constou de dúas partes. A primeira delas, de carácter máis teórico, comprendeu unha breve explicación sobre as distintas constelacións, estrelas e planetas que se poden ver nesta época do ano. A segunda, xa máis práctica, estivo centrada na propia observación astronómica. As persoas asistentes puideron ver Xúpiter e os seus satélites e tamén Saturno.
A actividade causou grande interese entre as persoas participantes. O Congreso Público A ASTRONOMÍA nas RUTAS XACOBEAS continúa a súa andaina por outros municipios da contorna con sesións de observación astronómica.