Friday 22 de November de 2024

O Concello de Padrón implicase na creación dunha escola de hockey para nenos e nenas


A iniciativa xurde en colaboración con dos ex-xogadores da vila e co apoyo da Federación Galega de Hockey

O Concello de Padrón sentou as bases para a creación dunha Escola de Hockey con dous xogadores da vila e co apoio da Federación Galega de Hockey. O obxectivo é ofrecer un novo deporte aos nenos e nenas padroneses. A iniciativa xurdiu tras poñerse en contacto un grupo de afeccionados de Padrón e a Federación Galega. A tradición deste deporte na vila remontase a 1976, cando se fundou o equipo Santo Domingo, que tras varias décadas de éxitos competitivos autonómicos deixou de xogar durante catro anos. Agora, Óscar Mozas e Rodrigo Casal retoman a ilusión por este deporte. “A finalidade é fomentar esta actividade dende a base, e que os nenos e nenas teñan alternativas aos deportes maioritarios, e a partir deste xogo poñer en valor a amizade, a igualdade e o compañeirismo”, sinalou Óscar Mozas, que será un dos monitores de hockey das escolas deportivas de Padrón.
Pola súa banda, dende a Federación Galega de Hockey Roberto Baratta explica que “esta actuación cos Concellos enmárcase dentro do Plan Impacto ,co que pretendemos incentivar e promocionar o noso deporte, para que sexa máis coñecido e para que nos lugares nos que xa se xoga poidan mellorar e perfeccionarse”.
O Concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, mostrou a súa satisfacción por iniciar esta colaboración e destacou “o importante que é para Padrón que xurdan iniciativas coma esta para dinamizar a vila e presentar unha oferta máis ampla de ocio e deporte para as novas xeracións”.
As clases de hockey terán lugar no Polideportivo do Souto e poden inscribirse nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e 14 anos. A data de inicio aínda está por determinar.