Saturday 16 de November de 2024

Restablecido a subministración de auga nos núcleos de Miño, Sombreu e Ponte do Porco


Os operarios da empresa concesionaria estiveron, desde pola mañá, traballando no arranxo da avaría, provocada por unha rotura na tubaxe de abastecemento de auga en Sombreu.

 

Unha rotura na tubaxe de abastecemento xeral de auga en Sombreu deixara sen subministración aos núcleos de Miño, Sombreu e Ponte do Porco. Desde entón, os operarios da empresa concesionaria estiveron a traballar na reparación desta avaría. Agora, a subministración acaba de restablecerse nos tres núcleos afectados. Agora, tras detectar e solucionar o problema, procederase ao recheo da focha.

Ata o lugar da rotura acudiron o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e o concelleiro de Obras, Infraestruturas e Contratación, Agustín Sanz Horcajo, para supervisar o avance dos traballos de reparación. Ata alí tamén se desprazaron a Policía Local e Protección Civil.

Por mor desta rotura poderían producirse episodios de turbidez na auga nos próximos días