Saturday 16 de November de 2024

Unha rotura na tubaxe de abastecemento deixa sen auga aos núcleos de Miño, Sombreu e Ponte do Porco


A empresa concesionaria está xa traballando no arranxo da avaría. A previsión é que a subministración se repoña ao longo do día.

 

Unha rotura na tubaxe de abastecemento xeral de auga en Sombreu deixou sen subministración aos núcleos de Miño, Sombreu e Ponte do Porco. A empresa concesionaria está a traballar xa no arranxo da avaría, que podería prolongarse varias horas. A previsión é que o servizo se restableza ao longo do día.

Ata o lugar acudiron o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e o concelleiro de Obras, Infraestruturas e Contratación, Agustín Sanz Horcajo, para supervisar o avance dos traballos de reparación. Ata alí tamén se desprazaron a Policía Local e Protección Civil.

Por mor desta rotura poderían producirse episodios de turbidez na auga nos próximos días