Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Miño estrea hoxe a súa nova web municipal


O portal é máis áxil e intuitivo co obxectivo de prestar un mellor servizo aos usuarios

O goberno local de Miño abre hoxe a súa nova web municipal. Un deseño máis moderno que a anterior
permite que a navegación por ela sexa moita máis fácil e intuitiva, co obxectivo de prestar un mellor
servizo aos usuarios e impulsar o uso da administración electrónica. Desde o consistorio destacan que
a intención é que vaia crecendo aos poucos, a medida que van incorporando novos servizos e
funcionalidades.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, estivo hoxe co concelleiro de Novas tecnoloxías e Sociedade
Dixital, Santiago Gómez Beade, quen lle explicou as novas características da nova web municipal, á
cal se poderá acceder a través desta dirección: https://www.concellodemino.gal/gl/ .
Nesta nova páxina, os visitantes poderán atopar de forma rápida noticias relacionadas co Concello
de Miño, a axenda de eventos, acceder ao perfil de contratante, acceder a información sobre os órganos
de goberno e o portal de transparencia. Os veciños e veciñas que o desexen tamén poderán realizar
consultas telemáticas a través da sede electrónica e ver os últimos plenos celebrados.