A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal ten previstas varias actuacións de mellora nas instalacións deportivas no segundo semestre do ano, entre elas estaba a mellora da iluminación no polideportivo da Tomada. A actuación xestionouse desde a Concellaría dos Servizos Municipais, que grazas ao aforro propiciado pola substitución de luminarias que se está levando a cabo en todo o alumeamento municipal, financiada polo IDAE, procedeu á colocación de 20 luminarias LED no
polideportivo da Tomada co obxectivo de ofrecerlles aos usuarios e usuarias do pavillón unha mellor iluminación mentres realizan a súa actividade, ademais de supoñer un aforro enerxético e repercutir a nivel económico e medioambiental.
As obras de instalación foron realizadas polo corpo de electricistas municipais e concluíron a finais da semana pasada.
Os novos focos foron adquiridos pola Administración local por un importe de 4213’64 euros con cargo aos orzamentos municipais.