Nesta fin de semana, o Concello de Vimianzo acollerá unha nova ruta guiada polas súas paisaxes e un espectáculo dentro da programación cultural do Vimiansol.
O sábado 22 de agosto a partir das 10:00 horas levarase a cabo a ruta guiada polas paisaxes de Calo e Castrobuxán. Un camiño a través da parroquia de Calo que percorrerá o seu patrimonio e descubrirá novas estampas naturais. As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta. Recoméndase levar roupa e calzado cómodos. As mascotas poderán asistir tamén á ruta. Para máis información poderase enviar un correo a turismo@vimianzo.gal ou chamar ao 604 036 617.
Xa ás 21:00 horas a praza do Concello acollerá o espectáculo “Plato, platito, platete” de Javi Javichy dentro da programación cultural do Vimiansol. As entradas son gratuítas e deberán reservarse na billeteira da Casa da Cultura. Máis información en cultura@vimianzo.gal.