Hoxe comezaron os labores de desbroce da nova senda peonil que unirá Ponte do Porco e o paseo da Ribeira.
É un camiño que xa esiste ao longo de toda a beira do mar pero que se atopaba en estado de abandono. O obxectivo dos traballos é recuperalo e instalar a correspondente sinalización para que os veciños e veciñas de Miño poidan ir desde a praia da Alameda á da Ribeira, ou incluso ao centro urbano, sen cruzarse con vehículos e gozando dunhas espectaculares vistas.