Monday 25 de November de 2024

O Concello gravará o concerto da Banda Municipal desta tarde para compartilo en redes


Ante a imposibilidade de ter público, a formación compartirá o seu directo co fin de que a veciñanza siga desfrutando das agrupacións musicais da cidade

A Banda Municipal dará esta tarde, ás 19.30 horas, un concerto sen público no Pazo da Ópera, que será gravado para posteriormente compartilo nas redes sociais. Con David Fiuza como director invitado, a formación ofrecerá un programa titulado “Paisaxes sonoras vernáculas”, que incluirá as obras “Sinfonía sobre motivos de zarzuelas”, de Francisco Asenjo Barbieri; “Sinfonía Sevillana”, de Joaquín Turina; “Soleriana”, de Carlos Surinach; e “Tiempo de Gran Canaria”, de Néstor Álamo. Ante a imposibilidade de que as e os espectadores poidan desfrutar do seu directo, o Concello construirá unha cuarta parede virtual para que a cidadanía teña a opción de velo aínda que sexa a través do ordenador ou do móbil.