O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e a concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Bello, estiveron na Barrosa, no fogar de María Rico Pita, para felicitala no seu cen aniversario.
Rodeada do cariño da familia e de veciños, María soprou as velas da tarta e mesmo tomou un pouco de pastel. Manuel Vázquez Faraldo fíxolle entrega dun centro de flores e un agasallo institucional.