Monday 25 de November de 2024

Comunicado Oficial Concello da Coruña Reunión Xunta de Galicia


 

Tras a reunión telemática mantida este mediodía coa Xunta de Galicia respecto ás medidas adoptadas por Sanidade para a contención da COVID-19, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, quere manifestar que o Concello da Coruña seguirá velando polo cumprimento destas medidas, tal e como vén facendo desde o inicio da pandemia con absoluta lealdade institucional tanto co Goberno central como coa Xunta de Galicia posto que todas as administracións ás que representamos mantemos un obxectivo común: controlar a pandemia e salvagardar e velar pola seguridade das nosas cidadás e cidadáns.

Durante a reunión, a Xunta transmitiulle a Rey a súa intención de manter as medidas adoptadas nos días pasados e analizar a evolución epidemiolóxica en toda a comarca nos seguintes días.
“Continuaremos tendo un contacto diario coa Consellería de Sanidade e co resto de concellos da área metropolitana para tratarmos de frear o avance da pandemia na nosa comarca”.