A Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Cambre organizaron a Fase Local Comarca As Mariñas de Campo a través
Un ano máis e dentro do programa de deporte escolar Xogade, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Cambre organizaron a Fase Local Comarca As Mariñas de Campo a través, o pasado mércores 14 de xaneiro nas instalacións deportivas de Acea da Ma. No evento participaron equipos pertencentes a centros de ensino de toda a comarca, en categorías de benxamín a cadete, tanto masculina como feminina, contando cun total de 998 inscritos.
Os equipos campeóns en cada categoría foron os seguintes:
Categoría Equipo Concello
Benxamín fem. CEIP Portofaro “A” Cambre
Benxamín masc. CEIP San Marcos “A” Abegondo
Alevín fem. CEIP Portofaro “A” Cambre
Alevín masc. CEIP Pedro Barrié de la Maza “B” Sada
Infantil fem. IES David Buján “A” Cambre
Infantil masc. IES Blanco Amor “A” Culleredo
Cadete fem. IES Blanco Amor “A” Culleredo
Cadete masc. IES Blanco Amor “A” Culleredo
Os dous mellores equipos e os oito primeiros atletas de cada categoría están clasificados para a Fase intercomarcal que se celebrará o vindeiro sábado 24, tamén en Acea da Ma.