Os pementos son os protagonistas da obra de arte que agora figura nas estradas da vila do Sar // A iniciativa enmarcase no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio da executivo local
O Concello de Padrón ven de contratar ao artista plástico Fernando Yáñez para pintar a man os pasos de peóns da vila, co obxectivo de crear espazos dinámicos e atractivos para a cidadanía e para os visitantes. Trátase dunha iniciativa que se enmarca no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en cont o Plan de Acción Padrón 2017-2022.
A concelleira de Turismo, Lorena Couso, resaltou “Padrón é un lugar extraordinario e queremos potenciar e aunar todo o potencial desta vila para que se convirta nun centro de referencia para padroneses e padronesas, pero tamén para turistas de proximidade. Con esta iniciativa só estamos poñendo en valor os nosos produtos e potenciando a beleza das nosas rúas”.
Para dar forma a esta iniciativa, ao longo destas últimas semanas o artista lucense debuxou e pintou pementos en cinco pasos de peóns do centro da vila, mentres que para o paso de peóns da Ponte reservaron a porta de entrada a Padrón. Así, neste paso podese ler ‘Benvidos a Padrón’.
Esta obra de arte na rúa está firmada polo artista Fernando Yáñez, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo en Pontevedra, profesor de secundaria en Ribeira e residente en Brión. A súa traxectoria remontase vinte anos atrás, e é o autor de numerosas creación artísticas que forman parte da paisaxes de distintos concellos da xeografía galega e tamén da española.