Un grupo de 25 sendeiristas procedentes de toda Galicia e tamén de fora da comunidade galega desfrutaron onte domingo no Concello de Touro da ruta ‘Boques, fervenzas e pazos’, organizada por Galicia Senderismo e que combinou a PR-G-121 (Ruta dos Tres Ríos), a PR-G-23 (Ruta da Fervenza das Hortas) e outros sendeiros pola natureza ata conformar un itinerario circular de 15 quilómetros. O traxecto rematou no Pazo de Andeade, onde os camiñantes visitaron o pazo da man da propietaria. Galicia Senderismo agradece ao Concello de Touro por manter “fermosos e ben coidados” os traxectos pola natureza. Tamén agradece ao Pazo de Andeado a acollida. Os sendeiristas cumpliron no traxecto as medidas sanitarias e de seguridades aconselladas para manter a raia a Covid-19.