Saturday 30 de November de 2024

Un total de 32 empresas de Riveira implicáronse na Campaña Nadal Solidario de axuda ás familias máis desfavorecidas


Hoxe fíxose efectiva a entrega das doazóns a tres ongs do concello

O Departamento de Servizos Sociais de Riveira serviu de escenario este mediodía para a entrega a tres ongs do municipio das doazóns recollidas no marco do Nadal Solidario: unha campaña desenvolvida conxuntamente pola Asociación de Empresarios e o Concello de Riveira.

Toni Marcos, como un dos representantes de El Oraj e da Igrexa Evanxélica Renovación; Manuel Mirás, secretario de Cáritas; e María Rey, como coordinadora de Cruz Vermella, foron quen recibiron as doazóns. Ao seu carón estivo a concelleira de Servizos Sociais, Maricarmen Vizcaya, e outros traballadores deste Departamento.

A iniciativa desenvolveuse entre o 15 de decembro e o 5 de xaneiro e o seu obxectivo foi a recolecta de roupa, xoguetes, alimentos, diñeiro e outros elementos, algúns dos cales foron entregados xa no transcurso do Nadal, co obxecto de axudar ás familias máis desfavorecidas do noso contorno. Todas as entidades colaboradoras luciron nas súas sedes ou locais un distintivo de cor marela característico desta campaña.

Agradecemento
Dende o Concello e Asociación de Empresarios quérese dar as grazas a todos os comercios e negocios colaboradoras nesta iniciativa, un total de 32. A saber: Decorlux, Dipunto, Teresa, Arreglos de Confección, Moda Infantil Rovi, Rei Zentolo, Climafrío, Librería Master, Abuela Gloria, A tu gusto, Lavandería Aida, Podium Sport, Mercamás, Infinity, Joypa, Lijó Iluminación, Gena’s, Academia Yara, Enpromo, Makao, Érase un vez…, Greco, Zaloi, Xade, Bimbi, Cuplé, Vensuca, Arana, Marboo, Joscar, Matucha, Alalba e Gloria Supermercados.