Desde a Concellería de Seguridade do Concello da Pobra do Caramiñal procedeuse á adquisición de diverso material destinado a reforzar a protección individual dos membros da brigada de loita e prevención dos incendios forestais, así como de ferramentas que faciliten o desenvolvemento das súas tarefas. A inversión nestes equipamentos ascende aos 11.000 euros, comprendendo buzos ignífugos, botas para extinción, cascos, gafas, protectores para o pescozo, máscaras, filtros, luvas, camisetas ignífugas, cintos forestais, lanternas, cantimploras, fundas ignífugas para máscaras e filtros, mochila extintor, batelumes, pulaski, desbrozadora, obxectos para corte e traballo no solo, ademais de equipos de protección individual para a utilización da desbrozadora.
A dotación para a brigada de defensa e proteccion contra os incendios forestais xa se atopa en reparto nas dependencias municipais, pois este mesmo domingo comezan co seu labor.
Cómpre sinalar que a xestión do persoal e a adquisición dos equipos é pública, levándose todo a cabo desde a Administración local. Así mesmo, apuntar que a contratacióm e dotación dos equipos están subvenciondos pola Consellería de Medio Rural ao abeiro dun convenio asinado co Concello.