O Concello de Vimianzo acollerá esta fin de semana unha ruta guiada pola paisaxe do municipio e unha noite de cine ao aire libre.
A xornada do sábado, 15 de agosto, dará comezo coa inauguración, despois da súa limpeza, da ruta da paisaxe dos muíños e rego de Cambeda cunha visita guiada. Este camiño iníciase na igrexa de Cambeda e percorre o leito do río durante case tres quilómetros. No camiño as persoas participantes poderán atopar ruínas de oito antigas edificacións que correspondían aos muíños. Toda a información e inscricións na actividade nas redes sociais de Turismo do concello e no teléfono 604 03 66 17.
Xa pola noite, ás 21:00 horas, haberá noite de cine dentro da programación cultural do Vimiansol. A Praza do Concello será o escenario da proxección do filme “Spiderman: un novo universo”. Para participar haberá que reserva entrada de balde na billeteira do Concello.
Todas as actividades contarán coas medidas de seguridade necesarias ante a COVID-19.