Friday 22 de November de 2024

Reunión conselleiro de Sanidade


 

O goberno local de Carral estivo participou hoxe, martes 11 de agosto, na reunión co conselleiro de Sanidade para analizar a evolución epidemiolóxica do coronavirus na área sanitaria da Coruña.

O goberno trasladou a súa preocupación pola celebración das feiras municipais, entre outras cuestións. Finalmente, determinouse que os mercados se seguirían celebrando reducindo aforos e reforzando o cumprimento das medidas de prevención entre os usuarios e usuarias das feiras (mantemento da distancia de seguridade e emprego das máscaras).

Por motivos excepcionais, o Concello non puido asistir á primeira reunión, celebrada onte. Os alcaldes e o conselleiro de Sanidade fixaron un novo encontro para mañá.