Friday 22 de November de 2024

Denunciados sete locais durante a fin de semana por incumprir o horario de peche


Cinco deles na cidade e dous noutras parroquias

A Policía Local de Ribeira informa de que no transcurso desta pasada fin de semana foron denunciados sete locais por incumprir o horario de peche.
Cinco destes establecementos están situados en distintos puntos da cidade de Santa Uxía, en tanto que os outros dous pertencen a outras parroquias. Ademais, foron obxecto de sanción varios mozos que estaban a incumprir a prohibición de facer botellón na rúa.
Cómpre lembrar que fai dúas semanas se decidiu incrementar o control e vixilancia do ocio nocturno por parte da Policía Local co apoio do GAEM, ademais de adoptar outro tipo de medidas como a
colocación de carteis informativos recordando a prohibición de consumir bebidas na vía pública ou o uso obrigatorio de mascarillas salvo nos actos de beber, comer e fumar.